Hoxe vou falar da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias en clave de fábula, para iso baseareime no seu artigo 7.2. Dita Carta foi firmada por España o 5 de novembro de 1992 e ratificada o 9 de abril de 2001. Nela estabelécense os compromisos a levar a cabo por parte dos Estados firmantes para protexer e promocionar as linguas rexionais ou minoritarias, algunhas delas engadiría que minorizadas, pero ese xa é tema doutro día. Como todos sabemos, o galego non se promociona nin se defende dende o Estado nin, o que considero moito máis grave, dende a Xunta de Galiza. Comezarei por escribir o que di a primeira parte do artigo 7.2:
“As partes comprométense a eliminar, se non o fixeron aínda, toda distinción, exclusión, restricción ou preferencia inxustificadas referentes á utilización dunha lingua rexional ou minoritaria e que se propoña desmotivar ou poñer en perigo o mantemento ou o desenvolvemento desta.” En Galiza hai un problema sociolingüístico moi importante e grave, moitos castelánfalantes (non todos) desprezan aos galegofalantes por ser “¡Paletos! ¡Aldeanos!”, en palabras dunha persoa nunha manifestación de Galicia Bilingüe. Nin o Estado nin a Xunta axudan a subir o prestixio do galego xa non digo por riba do castelán, senón ao mesmo nivel, o que na miña impresión é a verdadeira igualdade. Así ambos idiomas serán iguais e poderá haber total liberdade de elección, iso que tanto ansían os membros de Galicia Bilingüe.
Poñamos un exemplo: Galego e Castelán son dous rapaces (poden ser rapazas, por iso de ser politicamente correctos) que vivían cada un na súa casa, Galiza e Castela, un bo día Castelán decide ir Galiza e pegarlle a Galego, deixándoo en coma e ao borde da morte. Mentres Galego estaba no hospital, Castelán decidiu facerse dono de Galiza, Galego corría risco de desaparecer debido ás feridas pero a súa fortaleza fixo que mantivese un fío de vida durante uns cantos anos. Máis tarde Galego esperta do coma pero está moi débil, as secuelas da paliza aínda se notan e non é o mesmo que antes. Entón decide comezar a rehabilitación, precisa moita axuda para poder chegar a ser o que era antes de caer en coma, mentres tanto Castelán asústase porque Galego vai querer volver a casa e el non entende o que é compartir territorio. Cando Galego comeza a recuperarse, Castelán, por medo, consegue que o hospital non rehabilite a Galego como tería que facerse, prolongando a súa recuperación, todo isto faino conseguindo facer crer que non é pola súa culpa, faino por medio doutras persoas. Isto impide que Galego se defenda lexitimamente de Castelán en igualdade de condicións. Cando Galego comeza a dar sinais de recuperación serias, Castelán asústase e no momento en que Galego lle vai devolver a Castelán todos os anos que pasou en coma, este aclara que xa que se recuperou poden vivir os dous en paz, Galego na súa casa e Castelán na dos dous, con suposta igualdade entre eles. A conclusión é que Castelán é dona do 100% de Castela e do 50% de Galiza, Galego ten só o 50% de Galiza pero é só usufructuario mentres as dúas casas están a nome de Castelán. Cando Galego pide ser dono ao 50% de Galiza, constando ambos nos documentos, Castelán evita a discusión e alega que só el pode contar nos documentos porque cambialo sería moi caro e causaría moitos problemas. Olvidábaseme dicir que a familia de Castelán alega á liberdade para que el viva en Galiza, posto que xa que estivo tantos anos, ten dereito a estar vivindo onde vivía.
Ese é o problema actual do galego, saíndo da fábula, non é obrigatorio no territorio do que se considera propio, mentres o castelán é obrigatorio en todo o seu territorio, incluído os bilingües. Tén un usufructo, a duras penas, pero a posesión tena o castelán e cando nós pedimos a igualdade plena entre as dúas línguas dinnos que iso non pode ser posto que ataca á liberdade. Tamén sucede que os mesmos que defenden o castelán impiden que poñamos unha inmersión lingüística en galego para que este recupere o seu estatus e tamén queren impedir que supere o 50% das materias na escola, algúns queren que nin sequera as troncais se dean en galego porque vai en contra da liberdade dos pais. Gustaríame dicirlle a esta xente que se sente atacada pola suposta imposición teórica do galego, na práctica poucas veces se chegou a levar a cabo, que a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias di no seu artigo 7.2: “A adopción de medidas especiais en favor das linguas rexionais ou minoritarias, destinadas a promover unha igualdade entre os falantes destas linguas e o resto da poboación ou tendentes a ter en conta as súas situacións particulares, non está considerado como un acto de discriminación para os falantes das linguas máis estendidas.”
Esperemos que con esta Carta na man, recordo que firmada e ratificada polo Estado, os de Galicia Bilingüe vexan que non se discrimina aos castelanfalantes por tomar medidas en defensa do galego. A ver se dá chegado o día en que Galicia Bilingüe se dá conta de que realmente ninguén os segue e deixan de tomarnos o pelo.
ou Minoritarias en clave de fábula, para iso baseareime no seu artigo 7.2. Dita Carta foi firmada por España o 5 de novembro de 1992 e ratificada o 9 de abril de 2001. Nela estabelécense os compromisos a levar a cabo por parte dos Estados firmantes para protexer e promocionar as linguas rexionais ou minoritarias, algunhas delas engadiría que minorizadas, pero ese xa é tema doutro día. Como todos sabemos, o galego non se promociona nin se defende dende o Estado nin, o que considero moito máis grave, dende a Xunta de Galiza. Comezarei por escribir o que di a primeira parte do artigo 7.2:
“As partes comprométense a eliminar,(…), toda distinción, exclusión, restricción ou preferencia inxustificadas referentes á utilización dunha lingua rexional ou minoritaria e que se propoña desmotivar ou poñer en perigo o mantemento ou o desenvolvemento desta.” En Galiza hai un problema sociolingüístico moi importante e grave, moitos castelánfalantes (non todos) desprezan aos galegofalantes por ser “¡Paletos! ¡Aldeanos!”, en palabras dunha persoa nunha manifestación de Galicia Bilingüe. Nin o Estado nin a Xunta axudan a subir o prestixio do galego xa non digo por riba do castelán, senón ao mesmo nivel, o que na miña impresión é a verdadeira igualdade. Así ambos idiomas serán iguais e poderá haber total liberdade de elección, iso que tanto ansían os membros de Galicia Bilingüe.
Poñamos un exemplo: Galego e Castelán son dous rapaces (poden ser rapazas, por iso de ser politicamente correctos) que vivían cada un na súa casa, Galiza e Castela, un bo día Castelán decide ir Galiza e pegarlle a Galego, deixándoo en coma e ao borde da morte. Mentres Galego estaba no hospital, Castelán decidiu facerse dono de Galiza, Galego corría risco de desaparecer debido ás feridas pero a súa fortaleza fixo que mantivese un fío de vida durante uns cantos anos. Máis tarde Galego esperta do coma pero está moi débil, as secuelas da paliza aínda se notan e non é o mesmo que antes. Entón decide comezar a rehabilitación, precisa moita axuda para poder chegar a ser o que era antes de caer en coma, mentres tanto Castelán asústase porque Galego vai querer volver a casa e el non entende o que é compartir territorio. Cando Galego comeza a recuperarse, Castelán, por medo, consegue que o hospital non rehabilite a Galego como tería que facerse, prolongando a súa recuperación, todo isto faino conseguindo facer crer que non é pola súa culpa, faino por medio doutras persoas. Isto impide que Galego se defenda lexitimamente de Castelán en igualdade de condicións. Cando Galego comeza a dar sinais de recuperación serias, Castelán asústase e no momento en que Galego lle vai devolver a Castelán todos os anos que pasou en coma, este aclara que xa que se recuperou poden vivir os dous en paz, Galego na súa casa e Castelán na dos dous, con suposta igualdade entre eles. A conclusión é que Castelán é dona do 100% de Castela e do 50% de Galiza, Galego ten só o 50% de Galiza pero é só usufructuario mentres as dúas casas están a nome de Castelán. Cando Galego pide ser dono ao 50% de Galiza, constando ambos nos documentos, Castelán evita a discusión e alega que só el pode contar nos documentos porque cambialo sería moi caro e causaría moitos problemas. Olvidábaseme dicir que a familia de Castelán alega á liberdade para que el viva en Galiza, posto que xa que estivo tantos anos, ten dereito a estar vivindo onde vivía.
Ese é o problema actual do galego, saíndo da fábula, non é obrigatorio no territorio do que se considera propio, mentres o castelán é obrigatorio en todo o seu territorio, incluído os bilingües. Tén un usufructo, a duras penas, pero a posesión tena o castelán e cando nós pedimos a igualdade plena entre as dúas línguas dinnos que iso non pode ser posto que ataca á liberdade. Tamén sucede que os mesmos que defenden o castelán impiden que poñamos unha inmersión lingüística en galego para que este recupere o seu estatus e tamén queren impedir que supere o 50% das materias na escola, algúns queren que nin sequera as troncais se dean en galego porque vai en contra da liberdade dos pais. Gustaríame dicirlle a esta xente que se sente atacada pola suposta imposición teórica do galego, na práctica poucas veces se chegou a levar a cabo, que a “Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias” di no seu artigo 7.2: “A adopción de medidas especiais en favor das linguas rexionais ou minoritarias, destinadas a promover unha igualdade entre os falantes destas linguas e o resto da poboación ou tendentes a ter en conta as súas situacións particulares, non está considerado como un acto de discriminación para os falantes das linguas máis estendidas.”
Esperemos que con esta Carta na man, recordo que firmada e ratificada polo Estado, os de Galicia Bilingüe vexan que non se discrimina aos castelanfalantes por tomar medidas en defensa do galego. A ver se dá chegado o día en que Galicia Bilingüe se dá conta de que realmente ninguén os segue e que realmente facémoslles máis caso os contrarios que os seus propios membros, realmente creo que lles fago un favor ao adicarlles un blogue.




2010-02-23 at 10.03 p.m.
Pois sí, paréceme axeitada á fábula, aínda que eu de tí miraba de simplificala, para que non cansara ós e ás nen@s á mitade da lectura, pero penso que é un bó simil para penetrar na verdadeira situación actual do galego/castelán partindo dos seus oríxes.
A mín tamén me encantaría que éstes malintencionados tiveran que tragarse todas as súas falsas xustificacións, e tiveran que falar dunha vez por todas en termos de igualdade, partindo da situación real de ámbolos dous idiomas, e non puideran seguir mantendo ésa defensa súa baseándose na máis fraudulenta hipocresía
2010-04-05 at 7.02 p.m.
No teneis ni idea, ni idea… que poca cultura teneis, no se como no teneis verguenza!
Si salierais un poco de vuestro pueblo! haber si aprendeis! paletos!
Y que cojones decis de que el castellano oprime al gallego? que cojones estais diciendo? si depsues sois vosotros los que decis 100% en gallego? haber quien oprime a quien!
Que fuimos nosotros los de poner el iingles gallego y castellano en igualdad, al 33%! y decis que no! payasos de mierda! si salierais del puto pueblo! y os abrierais el mundo! y viajarais a otros paises!
el otro dia estuve en una universidad en otro pais! y todas as clases en ingles! y todos los chicos tienen un nivel de ingles muy bueno! ya desde los 6 años!
y de esa manera se podran mover por cualquier parte del mundo! y trabajar en cualquier lado! pero vosotros como sois unos paletos de mierda no mirais eso no? que con el gallego no vamos ni a castilla! pero como seguro que no llegasteis ni a la universidad! ENTERAROS UN POCO PALETOS!
2010-04-05 at 7.03 p.m.
VIVA ESPAÑA!
2010-04-11 at 4.45 a.m.
Ante todo pediría un pouco de respeto, se non me entendes i can write in english, puc escriure en català, puedo decírtelo en castellano ou inclusive em português. Realmente podo en calqueira dos cinco idiomas que domino, todo iso contando que só estudei en galego até os 18 anos. Despois fun vivir fóra, non por recomendacións túas senón porque quería coñecer mundo, tamén viaxei polo estranxeiro e deime conta dunha cousa: Cando saes dos países angloparlantes, o inglés non che serve de nada, nin sequera en Xapón onde se supón que o falan tan ben. Pasa como con todo, eu teño pensado traballar no meu país, montar algunha empresa en Galiza e traballar alí, que preciso inglés para iso? Eu xa o sei, pero co galego creo que me sobra. Para pensar en emigrar xa terei tempo e a cantidade de idiomas como para falar con más de 1.500 millóns de persoas no mundo.
Espero que ti teñas un bo nivel de inglés, porque seguro que en Madrid te ían entender. Por esa regra de tres aprende mandarín ou árabe, son os idiomas do futuro. Para min o meu idioma é o galego, non me fixo falta máis ca ese idioma para vivir preto da xente á que eu quero. O resto dos idiomas fáloos porque me gusta ler os libros no seu idioma orixinal e para comunicarme con xente que coñezo. Ti podes aprender inglés e os idiomas que queiras, seguramente se marchas a Inglaterra ou calqueira outro país non te botaremos de menos e seguro que colles un bo nivel para só falar ne inglés.
Por certo, tenta corrixir os teus erros ortográficos porque para ser eu un paleto podo escribir en castelán bastante mellor ca ti.
P.D: Estás falando cunha persoa que naceu en Madrid e foi vivir a Galiza, polo do tema de coñecer o castelán.
P.D 2: Despídome cunha cita de Confucio que cha porei en castelán para que non sufras, ven polo tema de insultar: «No te quejes de la nieve en el tejado del vecino cuando también cubre el umbral de tu casa.»
2010-04-11 at 4.59 a.m.
Este é o teu texto medianamente corrixido, o que máis me doeu foi «haber» por «a ver»:
«No tenéis ni idea, ni idea… que poca cultura tenéis, ¡No sé cómo no tenéis vergüenza!
¡Si salierais un poco de vuestro pueblo! ¡A ver si aprendéis! paletos!
¿Y qué cojones decís de que el castellano oprime al gallego? ¿Qué cojones estáis diciendo? ¿Si después sois vosotros los que decís 100% en gallego? ¡A ver quien oprime a quien!
¡Que fuimos nosotros los de poner el inglés, gallego y castellano en igualdad, al 33%! ¡Y decís que no! ¡Payasos de mierda! ¡Si salierais del puto pueblo! Y os abrierais al mundo! Y viajarais a otros países!
¡El otro día estuve en una universidad en otro país! ¡Y todas las clases en ingles! ¡Y todos los chicos tienen un nivel de inglés muy bueno! ¡Ya desde los 6 años!
¡Y de esa manera se podrán mover por cualquier parte del mundo! ¡Y trabajar en cualquier lado! Pero vosotros como sois unos paletos de mierda no miráis eso, ¿No? ¡Que con el gallego no vamos ni a Castilla! ¡Pero como seguro que no llegasteis ni a la universidad! ¡ENTERAOS UN POCO PALETOS!»
Por otro lado estudio Arquitectura Técnica en la Universidad Politécnica de Madrid, estoy en mi cuarto año y creo que puedo decir que tengo algo de mundo para la edad que tengo. El que no sé si tiene mundo eres tú, por lo menos viendo cómo escribes el idioma que dices hablar.
Para que vexas que tamén o domino e que vivira nunha aldea non implica ser paleto, Galiza é o único país onde un se fai intelixente ao emigrar á cidade e non ao estudar, que triste.